O documental ofrece declaracións de tres dos participantes no asalto realizado en 1961 O transatlántico foi ocupado por galegos e portugueses contra as dictaduras de Franco e Salazar
21 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.?n 1961 un comando formado por galegos e portugueses acometeron o secuestro do transatlántico Santa María para protestar contra as dictaduras de Franco e Salazar. O episodio converteuse no primeiro secuestro político contra as dictaduras acadando unha repercusión mediática que obrigou ó recén elexido presidente Kennedy a intervir. O que Luis Seoane calificou como acto heróico é o argumento central do documental dirixido por Margarita Ledo Andión que esta tarde, 20.30 horas, será estreado no Teatro Principal. Santa Liberdade , título do documental, é o nome que o grupo dirixido polo portugués Henrique Galvão e os galegos Xosé Velo e Xosé Fernández Vázquez, deulle ó barco unha vez que tomaron posesión del no Mar do Caribe. O documental, primeira longametraxe que dirixe Margarita Ledo, reconstrúe o asalto do comando ó transatlántico que viaxaba entre Venezuela e Miami, ó tempo que pretende contar a historia dun xeito particular de facer política e reivindicación, ofrecendo un perfil dos principais protagonitas desta singular acción. Entre os participantes neste documental figuran Federico Fernández Ackerman, Camilo Tavares Mortágua e Víctor Velo Pérez, os tres participantes no asalto e membros do DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación). O terceiro deles, Víctor Velo, é fillo de Xosé Velo e participou no asalto ó barco xunto co seu pai. No documental aparecen as opinións de persoas relacionadas cos secuestradores ou coa dimensión mediática que acadou este acto. Entre eles, o fotógrafo Manuel Ferrol, coñeciodo polas súas fotos da emigración e o escritor Dominique Lapierre, quen nun capítulo do libro Mil soles , sintetiza do secuestro. Este primeiro pase de Santa Liberdade se completará con outros dous que se celebrarán na Sala Yago nos primeiros días do mes de febreiro.