Proxectos didácticos para traballar sobre a identidade e a memoria de dúas comunidades educativas

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

09 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

?s gañadores da primeira edición dos premios Proxecto didáctico Antonio Fraguas , o colexio de primaria de Xuño (Porto do Son) e o instituto de ESO de Caldas de Reis, recolleron o galardón e a metade dos 10.000 euros da dotación, entregada por representantes de Caixa Nova e de Caixa Galicia, que patrocinan o certame. O importe de premio é para desenvolver o traballo, e, ó remate do mesmo, cando acabe o curso, recibirán o resto. O colexio de Xuño traballará sobre o medio mariño e as súas repercusións sociais, económicas, culturais, lingüísticas e históricas na bisbarra. O de Caldas, nun proxecto para recuperar a memoria histórica, antropolóxica e cultural das familias da comunidade educativa. O acto presidírono o conselleiro de Cultura, Pérez Varela, e o presidente da Fundación Antonio Fraguas e do Museo do Pobo, Isaac Díaz Pardo, con outros membros do padroado.