Pilar Buela obtén o premio Lueiro Rey coa novela curta «Ácaros verdes»

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

A novela Ácaros verdes, de Pilar Buela Piedra, é a gañadora da undécima edición do premio de novela curta Manuel Lueiro Rey, convocado polo Concello do Grove e Sotelo Blanco Edicións. Está dotado con 3.000 euros. O xurado formado por Alonso Montero, Manuel Quintáns Suárez, Francisco Martínez Bouzas, Armando Requeixo e Xavier López valorou a orixinalidade temática dunha obra que relata os últimos días dos xerarcas nazis e as súas mulleres no bunker berlinés.