A arquitectura catalana, tema dunhas xornadas do Consello da Cultura Galega

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

25 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

A arquitectura catalana das últimas décadas será analizada mañá e pasado nunhas xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega para abrir canles de reflexión e de intercambio entre os arquitectos cataláns e galegos. Entre os relatores cataláns figuran Josep María Montaner, Jordi Badía, Helio Piñón, Federico Correa e Llosep Llinás, que interveñen mañá, e Ignacio Paricio, Carlos Martí, Antonio Armesto, Carles Ferrater e Carmen Pigem. Estas sesións inscríbense nun ciclo dedicado a ofrecer unha visión global e interxeracional da arquitectura de Galicia e da Península, como lembrou o director da sección de Arquitectura, Iago Seara, na presentación das xornadas, acto no que o presidente do Consello, Alfonso Zulueta, significou a importancia de abrir foros que favorezan o mutuo enriquecemento cultural.