Debate sobre a elaboración de termos para normalizar a lingua

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

ÓSCAR CORRAL

O Simposio de Terminoloxía cita a especialistas en distintas áreas

06 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

Máis dun cento de investigadores e estudiosos da lingüística e doutras áreas científicas analizan ate o sábado a importancia das palabras que se utilizan nunha lingua concreta para disciplinas determinadas nas sesións do primeiro Simposio Galego de Terminoloxía. O encontro, organizado polo Centro de Investigacións en Humanidades Ramón Piñeiro e o Consello da Cultura Galego inagurouse cunha conferencia do catedrático de Bioloxía Celular da Complutense de Madrid, Joaquín Fernández Pérez, que abordou o tema das regras e normas para os vocablos propios dunha disciplicada determinada. O coordenador do Servicio de Termionoloxía Galega (Termigal), Manuel González, aludiu na presentación do encontro á relevancia da terminoloxía en procesos de normalización dunha lingua. Daí que un tema que debaten hoxe especialistas en áreas de ciencia sexa o desenvolvemento do galego como lingua de especialidade, e noutra sesión o aproveitamento que se fai do portugués para elaborar termos galegos.