«A maioría adopta a pose que lle parece a súa habitual»

Concha Pino santiago

SANTIAGO

El cronómetro | María do Céu Baptista A técnica do CGAC di que o conxunto de figuriñas a escala de Karin Sander intégrao xente anónima atraída pola novidade e sen afán de exhibicionismo

17 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O proxecto que Karin Sander leva a cabo no CGAC está a punto de rematar o escaneado das 560 persoas previstas para a súa reproducción tridimensional. No equipo da artista alemana que leva a cabo a proposta está a museóloga María do Céu Baptista (Porto, 1956). -A miña é unha labor de mediación para que o proxecto se desenvolva dentro das liñas fixadas pola artista, explicándolle ó público que quere participar en que consiste e resolvendo problemas que van xurdindo. -¿Que motiva á xente a participar? -Diría que, dun lado, a experiencia, a novidade por esta foto tridimensional e polo resultado sen que haxa a penas manipulación humana. Doutro, a dobre vertente de quedar representado por decisión propia, sen escolla previa, e a idea de inmortalizarse nun centro de arte. -Hai parellas, embarazadas, espidos, nenos, noivos, Fraga, deportistas... ¿Buscaron persoas representativas? -Non, non cabe no proxecto nin a perfección de rasgos físicos nin prototipos de ningún tipo. Nunha porcentaxe moi elevada son persoas anónimas, entre elas turistas e ate algunhas que viñeron de fóra de Galicia o saber do proxecto polos medios de comunicación. -¿Teñen clara a pose? -As parellas que queren reproducirse xuntos, pero son as que prantexan problemas técnicos polas sombras, o mesmo que os nenos porque non poden estar quietos. Pero a maioría adopta a pose que lle parece a súa habitual, cun xornal, un libro ou algo para eles simbólico, coma un home que o fixo cun cruasán. Non hai exhibicionismo.