A revista «Quintana» consolídase na segunda entrega ó servicio da arte

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

15 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O Departamento de Historia da Arte da Facultade de Xeografía e Historia presentou ante un numeroso grupo de profesores e alumnos o segundo número da revista anual Quintana , unha publicación de contidos heteroxéneos e versátiles centrada en Galicia e no patrimonio artístico galego. A catedrática de Arte Contemporánea María Luisa Sobrino é a directora da revista, unha «tigresa», en palabras do director do Departamento, Alfredo Vigo, no empeño de levar adiante un proxecto que require un gran esforzo, e que malia a súa calidade actual é susceptible de mellorar, segundo a directora. Nesta empresa implicouse o vicerrectorado de Extensión Cultural, que apoiou a iniciativa pola súa dinámica de estudio, investigación e participación do alumnado con críticas e recensións. A revista está editada polo Servicio de Publicacións da USC, e este segundo número foi financiado pola Deputación de A Coruña. A profesora Sobrino destacou a ampliación do cadro de asesores científicos internacionais con John Williams e Agustín Berque, que participan con sendos artigos sobre o tema central desta entrega, Espacios e percepcións , dentro do que Williams aporta luz sobre a muller do cráneo que hai no tímpano de Praterías e a simboloxía románica.