A catedral ten a tarifa máis alta, pero da dereito a admirar varios espacios e Xelmírez A flexibilidade dos prezos é moi ampla para facilitar o acceso a todo o mundo
09 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Compostela é en si mesma un gran conxunto artístico, pero non se pode visitar esta cidade, ou vivir nela, sen pasar por algúns dos museos con que conta. E ademais por poucos cartos, porque o gasto que suporía visitar os sete que cobran entrada, e pagando o prezo máximo, sería 15,50 euros. Manter os museos é caro. Por iso o Ministerio de Cultura anuncia para setembro unha subida do cincuenta por cento da entrada nos centros que dependen del, que van pasar de costar 3,01 euros a 4,5. A medida ministerial non lle afecta a Compostela, donde o único museo de titularidade estatal, o das Peregrinacións, ten transferida a súa xestión á Xunta. O seu director, Bieito García Outeiriño, non foi advertido de ninguna suba, e non pensa que a Consellería de Cultura a decida «porque a nosa política de prezos é de manga ancha». Cobran 2,40 euros, pero a entrada baixa a 1,20 para persoas co carné xove e de estudiantes, e é gratuíta para maiores de 65 anos e menores de 18, para os que vaían sábados polo serán e domingos pola mañá, para grupos de máis de quince persoas e cando teñen aberta unha exposición temporal. O museo máis caro da cidade é o da catedral, aínda que esto é relativo, porque os 5 euros que custa a entrada (cunha reducción a 3 euros cando se trata de grupos e para xubilados, e a 1 euro para estudiantes de primaria e secundaria) dan dereito a visitar as diferentes salas museísticas da basílica, a cripta, o coro de pedra do Mestre Mateo recentemente rehabilitado, a capela das reliquias e Panteón Real, e dende hai un ano tamén o veciño pazo de Xelmírez.