Vinte ordenses poderán estudiar informática por teleasistencia

La Voz R. V. | ORDES

SANTIAGO

26 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O municipio de Ordes será xunto con Melide un dos pioneiros na aplicación da experiencia piloto de teleformación que está a poñer en marcha a Deputación da Coruña. O curso está organizado pola institución provincial en colaboración coa Universidade de Santiago disporá de vinte prazas para o concello ordense. A idea deste seminario, homologado pola Xunta de Galicia, é introducir ós asistentes no «MS windows XP». Para isto realizarase a través de Internet con titorías personalizadas para os alumnos. A actividade está dirixida dende a Aula de Informática da Casa da Cultura de Ordes e o prazo para a inscrición remata hoxe. O único requisito para poder matricularse, ademais do abono de 30 euros, é ser maior de 16 anos. O curso prolongarase ata o día 26 de xullo. A concelleira en funcións de Familia, Susana Mosquera sinalou que estas actividades relacionadas coas novas tecnoloxías teñen unha notable demanda entre a poboación.