El cronómetro | Xesús Alonso Montero O profesor presentou onte un novo libro, publicado por tresCtres, no que estudia a persecución da obra e a figura de Curros Enríquez no franquismo
12 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.? profesor Alonso Montero (Vigo, 1928) dá conta, unha vez máis, da súa enorme capacidade intelectual para rescatar a memoria de personalidades da cultura galega con testemuñas que revelan facetas ou etapas pouco coñecidas. Onte presentou na galería Sargadelos o libro Curros Enríquez no franquismo (1936-1971). -É un estudio sobre as limitacións, prohibicións e censura que sofriron durante o franquismo, e sobre todo nos primeiros anos, os editores, estudiosos e divulgadores das obras e da figura do gran escritor. E tamén como, fronte ó silencio de que era obxecto aquí, os exiliados e emigrantes galegos na diáspora desenvolveron unha labor apaixoada a favor do nome do escritor, denunciando as restriccións a que era sometido polo franquismo. -¿De que tipo eran? -Dende a censura na prensa de artigos sobre el ata o intento de retirar o monumento que está nos Cantóns da Coruña, un proxecto de 1970 contra do que se pronunciara Otero Pedrayo cunha fermosa carta que reproduzo no libro. Tamén aporto o Boletín Oficial da Provincia de Lugo no que aparece, asinada por Filgueira Valverde, a orde de retirar das bibliotecas escolares as poesías en galego de Curros. A Otero Pedrayo prohibíranlle falar en galego na celebración do centenario do nacimiento de Curros, en 1951. -¿Por que decide editar esta obra agora? -Parte da conferencia que pronunciei no congreso que se celebrou no 2001 en Celanova con motivo do 150 aniversario do seu nacemento, A Guerra Civil tamén de perpetrou contra Curros Enríquez , que é o capítulo principal deste libro.