O Foro de Sada celebra na Yago unha xornada de debate sobre a rede de teatros
SANTIAGO
A redefinición e mellora da rede galega de teatros e auditorios será debatida maña da Sala Yago nunha xornada organizada polo Foro de Sada, autor da proposta, coa colaboración da Yago e do Igaem. O obxectivo do encontro é abrir a outros sectores da profesión teatral a análise da situación de desestructuración deste circuíto, segundo manifestaron na presentación da xornada Luma Gómez, Lino Braxe e Eduardo Alonso, portavoces do grupo de dezaséis profesionais de diferentes ámbitos teatrais que constitúen, a título individual, o Foro de Sada. Este grupo elaborou un documento sobre a rede que xa lle entregou hai un ano o Igaem. Non obtiveron resposta, «pero tampouco a demandamos», aclararon, porque o seu propósito e ser «unha factoría de ideas» para reflexionar e facer propostas para a reforma do teatro galego. Entre os cambios que prantexan na rede está crear un terceiro nivel, o C, en función do número de habitantes, e una rede V para espectáculos ó aire libre no verán; establecer un control de resultados e un maior intercambio con outras comunidades. Na mesma liña de non agardar resposta da administración a súa proposta, aseguraron que tampouco se trata de modificala a tenor do resultado do debate de maña, «aínda que a administración responsable pode tomar nota e actuar».