O CGAC expón os anteproyectos dos museos previstos nos parques arqueolóxicos

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

O Centro Galego de Arte Contemporánea expón os anteproxectos dos museos ou centros de interpretación dos dous primeiros parques dos catro previstos na Rede Galega de Parques Arqueolóxicos, o de Arte Rupestre en Campo Lameiro e o da Cultura Castrexa, situado nos concellos ourensanos de San Amaro e Punxín. As propostas arquitectónicas, que se expoñen baixo o título de Novos espacios para novas necesidades: centros de interpretación do patrimonio arqueolóxico de Galicia , responden á linguaxe da arquitectura contemporánea e a criterios innovadores de xestión. Os responsables dos equipos que realizaron os anteproxectos, José Valladares e Ángeles Santos, debaterán sobre a relación entre o proxecto museolóxico e o arquitéctonico co director do Museo Citat de Barcelona, Nicalau Martí, e do Museo de Altamira, José Antonio Lasheras, nunha mesa redonda no CGAC.