A PRIORI | O |
10 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Ben se ve que a historia non se acaba nunca máis e que sempre se escribe sobre as decisión dos poderosos e as desgracias dos que non o son. O anverso literario desta realidade son as aventuras e esa caste de ficción que a un tempo é inxenua e divertida. Aventuras de rapaces e aventuras de cabaleiros. . Títeres Cachirulo. Sala Yago. 11 horas.Sombras chinesas que aproveitan a particular e recoñecible forma de debuxar de Castelao. Os personaxes están directamente tomados das viñetas do escritor de Rianxo e con eles recomponse a vida dun neno que non ten ganas de ir á escola, pero si atender ás cousas que pasan no seu pobo. A espada de Raex . Teatro Maltés. Teatro Galán. 17 horas.Nova producción de Teatro Maltés que quere ser a un tempo homenaxe e parodia desa banda deseñada que ten como argumento as civilización estelares. De paso, serve tamén para lembrar tantos puntos en común que teñen as series galácticas coas sagas artúricas. Amadías de Algures . Artello - Teatro alla Scala 1:5. Sala Yago. 18.30Amadís de Algures é un cabaleiro que busca aventuras nas que facer carreira como tal. Os títeres son aquí obxectos que a ficción vai animando para facer máis sorprente o relato do cabaleiro. O médico á forza . Teatro Galileo. Salón Teatro. 20 horas.Máis clásico que de aventuras. Galileo segue o camiño do repertorio clásico máis divertido, en liña coa anterior montaxe sobre textos de Cervantes. Río Bravo 02 . Chévere. Teatro Principal. 23 horas.Se Coppola decidiu retocar Apocalypse Now por que Chévere non ía poder revisar Río Bravo. Sen alonxarse moito do patrón que marcou a obra hai anos, a recuperación para o novo milenio ten agora máis anos pero a mesma diversión. 3 Notas . Bucanero. Sala Nasa. 01 horas.Hai preguntas que non teñen resposta. Bucanero propón unha de malísima intención: ¿Hai vida humana antes de morte? O trío que protagoniza a obra está preparado para dar respostas, pero os espectadores igual non.