A PRIORI | O |
09 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A literatura está no fondo do teatro, como demostra a xornada de hoxe da Feira. Blanco Amor, Kenendy Toole ou Martín Descalzo, son algúns dos nomes que se dan cita nos teatros compostelanos. . Títeres Trompicallo. Sala Yago. 11 horas.Para poder atrapar unha mosca, Manolito vólvese un auténtico camaleón de lingua longa que se disfraza de calquera cousa para conseguir o seu obxectivo. Farois vermellos . Teatro de Aquí. Teatro Galán. 17 horas.Adaptación escénica dun texto de José Luis Martín Descalzo, que parte dunha singular historia na que unha prostituta garda dende hai anos unha imaxe de Cristo na casa, que a Igrexa quere recuperar. O conflcito dá lugar a un intenso monólogo que interpreta, cos seus momentos de humor, de furia ou de lembranza, algúns dos problemas da sociedade. A montaxe de Teatro do Aquí evita as partes máis retóricas e menos argumentais da novela de Martín Descalzo. Anxélica no ombral do ceio . Os monicreques de Kukas. Sala Yago. 18.30. Aínda que Eduardo Blanco Amor prestou moita atención ó teatro, o interese non foi recíproco, nin en igual sentido. Kukas recupera esta comedia que non está necesesariamente destinada ós rapaces e que, como outras obras de Blanco Amor, amosa ese singular punto de vista sobre as convencións. El amigo de John Wayne . Ados Teatroa (Euzkadi). Teatro Principal. 20.30 horas.Cada quen busca os referentes que quere. Woody Allen tiña a Bogart como confesor para a lección de seducir e o personaxe desta comedia ten a John Wayne. Xusto o referente lle sirve para demostrar o seu punto de vista sobre as cousas que, en xeral, non coincide co da maioría. A conxura dos necios . Sarabela Teatro. Salón Teatro. 23 horas.A famosa, e quizais sobrevalorada novela de John Kennedy Toole, está concentrada nesta montaxe teatral da compañía ourensá que xa pasou por Santiago, pero que anuncia algúns cambios en na súa estructura narrativa. A montaxe conserva ese perfil disparatado, pero lúcido en tantas ocasións, do personaxe que protagoniza a obra.