O monólogo como recurso

La Voz

SANTIAGO

05 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Está en discusión se os monólogos son tais ou, finalmente, estarían mellor definidos como teatro unipersonal. En calquera caso, a feira volve a ter varias mostras deste xénero que as circunstancias do teatro galego contribúen bastante a multiplicar: canto máis se reparten as subvencións, máis se atomizan as compañías. Xogo para nenas , de María a Parva; Farois vermellos , de Teatro do Aquí; Santi Prego co Monólogo do imbécil; e Xustiza infinita, de Talía Teatro, son as catro opcións de teatro para actriz ou actor que se deixan ver na feira. É unha forma quizais recorrente de facer teatro, pero compretida desde a perspectiva do actor.