Fonseca acolle unha mostra do Centro Portugués de Fotografía

C. Pino SANTIAGO

SANTIAGO

A selección reúne obras de artistas internacionais e de Portugal A colección nace en 1989 da man de Jorge Calado e segue con Teresa Siza

27 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

As salas de exposición do Pazo de Fonseca ofrecen dende hoxe ata o 30 de abril unha mostra con arredor de setenta obras seleccionadas por Lola Garrido da colección de perto de 2.000 imaxes do Centro Portugués de Fotografía, con sede en Porto. Esta colección, que o goberno portugués lle encarga poñer en marcha e a partir de cero a Jorge Calado, reúne obras dos artistas máis relevantes da historia da fotografía. Calado, como explica no catálogo a comisaria da mostra, adquire este patrimonio artístico empezando pola memoria e apostando pola mellor fotografía internacional. Así é como o centro, dirixido dende a súa creación en 1997 por Teresa Siza, expón os seus fondos de forma permanente e rotatoria ofrecendo por un lado a historia da fotografía en Portugal, e doutro ós autores estranxeiros. Non faltan fotografías de Portugal feitas por artistas estranxeiros, que ofrecen unha visión más fresca do que para os propios resulta habitual.A exposición que se pode ver dende hoxe en Fonseca percorre os 160 años de historia da arte da fotografía, polo que nela teñen presencia obras desde obras dun dos inventores, William Henry Fox Talbot, creador do proceso do calotipo, ata os máis novos documentalistas portugueses, sen limitarse a estilos nin tendencias, e coa presencia de dous dos artistas portugueses actuais máis internacionais como Helena Almeida (da que hai dúas temporadas prodiciu unha mostra o CGAC), e Jorge Molder. A comisaria, Lola Garrido, puxo especial énfase para facer pesar nesta selección a representación de fotógrafos lusos.