Trinta propostas artísticas percorren a cidade en soportes publicitarios

Concha Pino SANTIAGO

SANTIAGO

Os creadores son os artífices do proxecto de arte na rúa «Corpos en Producción» As obras son carteis que cuestionan a identidade de xénero no entorno social

17 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

A identidede de xénero marca a liña de traballo dun grupo de artistas, a maioría mulleres, dispostos a afondar nos límites que marca a súa mirada crítica sobre o entorno social. Uqui Permuy é unha das creadoras que puxeron en marcha o proxecto Corpos de producción , unha iniciativa que se materializou o pasado ano co apoio da concelleira da Muller, Encarna Otero, e que nestes momentos percorre a cidade na parte final dun proceso en permanente construcción. En Corpos de Producción participan Marta de Gonzalo & Publio Pérez Pieto, Fefa Vila, Erreakzioa-Reacción, Xoán Anleo, Virginia Villaplana, Manuel Olveira, Carmen Nogueira e Antonio Doñate, María Ruido, Uqui Permuy e o colectivo Intrépidasesucias. Este grupo de artistas sumouse ó proxecto para xerar imaxes mediante estratexias publicitarias que cuestionan a relación co espacio público dos individuos, que reflexionan sobre a identidade de xénero, social e política, utilizando as linguaxes da publicidade como reclamo de menxases críticas, cun discurso feminista prantexado dende a sensibilidade da muller e aberto a otras sensibilidades.Todo isto tradúcese en trinta obras, trinta carteis que se expoñen en diferentes espacios de Compostela utilizando os soportes fixos situados nas beirarúas e paradas de autobús para colocar neles publicidade, os denominados Mupis (mobiliario urbano de publicidad integrada). Desconcerto As persoas miran estas propostas artísticas sen velas, advirten a súa presencia, «pero na maioría dos casos non toman conciencia da menxase que conteñen ata que transcurren días, semanas ás veces», como aclara Uqui Permuy á nosa pregunta do sentido último dun traballo que desconcerta pola ausencia de referencias. Esta publicista e creadora plástica suliña que optaron por ofrecer estas lecturas críticas «conscientes do risco de que non todo o mundo as vai entender, aínda que sorprende comprobar ata que punto prenden co paso dos días». É o caso dunha peza instalada nas parada do autobús fronte a Hipercor, Área Central e San Roque. Na imaxe hai un home de costas e tres rapaces, e unha franxa roxa na que se le: «Dispoñemos dunha gran variedade de unidades familiares». E no ángulo inferior vese un icono coma o de El Corte Inglés, pero no que aparece o nome das creadoras: Intrepidasesucias. A peza de Uqui Permuy é a imaxe ambigua dunha persoa, a súa, baixo a que se le: «Reconstrucción». Explica que se trata dun xogo «no que cuestiono qué mirada temos». Creouna superpoñendo unha foto súa a color e en movemento a una do seu pai en blanco e negro. O resultado é un xogo de ambigüedades a partir dunha frase de Jonh Berger: «O home mira á muller; a muller mira como é mirada». E Uqui pretende «limpar a mirada para atreverse a mirar sen subxectividades de ningún tipo».