O volume editado por Xerais reúne as historias en verso que estaban públicadas desde mediados do século XIX, pero dispersos en revistas e libros
13 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.O profesor de Antropoloxía da Universidade de Santiago Xosé Ramón Mariño Ferro comparte co tamén profesor C.L. Bernárdez a autoría dun libro, O Romanceiro galego , que según di «é escaso, pero existe e é moi digno». Publicado por Xerais, presentouse onte en Sargadelos entre a ampla producción do departamento de Filosofía e Antropoloxía Social. -¿Por que hai poucos? -Porque toda a literatura oral, o conto, a balada e o romance, comparten un mundo común europeo, e Galicia está nese mundo, no que as creacións propias de cada país non son moitas. O galego non é tan abundante coma o castelán, que é maioritario entre nós, nin coma o portugués, pero o que si se comproba é que ten moita relación co do norte de Portugal. -¿Rastrexaron ata dar coa producción propia? -O que fixemos foi crer que existía, aínda que non pasa dunha ducia de romances, ademais de versións moi galegas, e reunir ese material disperso en libros e outro tipo de publicacións desde o século XIX. -¿Que temas eran propios dun romance? -Son como unha novela en verso, historias de moitos tipos, a veces terribles, anécdotas da realidade. -¿Adaptábanse a cada lugar, coma o conto? -Si, as circunstancias de cada sitio decantaban as versións, e nos propios queda patente a capacidade poética galega. -¿Hainos didácticos? -Non. O que ten o romance é moito simbolismo para describir dituacións como as amorosas. Ese simbolismo é o que me interesou, porque é, xunto coas crenzas populares, o meu campo de investigación antropolóxica.