«O texto universitario é vital para normalizar o idioma»

José Xavier Bom SANTIAGO

SANTIAGO

Carlos Garrido, profesor titular na Facultade de Filoloxía e Traducción de Vigo, traduciu o primeiro manual universitario de alemán para galego

17 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

A obra, editada por Laiovento, é o Manual de Evoluçom e Sistemática , de Walter Sudhaus e Klaus Rehfeld, de referencia en Europa para a docencia da Bioloxía. Ten 270 páxinas, con numerosas ilustracións. Garrido é autor de textos de relevo como o Manual de Galego Científico . -¿De que disciplinas trata este manual? -Trata sobre Filoxenía e Sistemática. Por tanto, ofrece unha visión histórica do proceso evolutivo e unha explicación causal da biodiversidade actual e pretérita. -¿É texto de vanguarda? -Ten total vixencia e é un libro moi utilizado nas universidades alemanas e austríacas. O manual universitario non ten por qué incluír a última investigación de vanguarda, pero sí os coñecementos asentados, e este así o fai. -¿Que poría en destaque como máis interesante? -Alén do interese científico, acredito que o texto universitario é vital para normalizar o idioma. -¿Por que? -Porque a cifra de manuais universitarios en galego é moi insuficiente. Este é o sétimo científico-técnico traducido para galego, o segundo do xénero manual aniversitario e o primeiro desde o alemán. Da disciplina tratada no volume hai moi poucos libros de texto e representa unha novidade no ámbito ibérico. -¿Está traducido para castelán? -Non, nen para portugués, nen para inglés. Por iso, a traducción para Galego-portugués que eu fixen ten un mercado alargado, non fica reducido só para o noso país, xa que se pode utilizar en Portugal, mesmo no Brasil, e iso acrecenta o interese da publicación.