O CGAC dedícalle unha exposicióna unha selección da Colección Arco

La Voz C.P. | SANTIAGO

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

A montaxe, «Imaxinando espacios, recreando realidades», reúne sobre todo obra fotográfica Os autores son algúns dos artistas representativos das últimas tendencias contemporáneas

11 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

O CGAC rendabiliza os fondos da Colección Fundación Arco nunha nova exposición que se inaugurou onte e que estará aberta ata o 6 de abril en tres salas do centro de arte compostelano. A mostra, titulada Imaxinando espacios, recreando realidades , ten como comisarias a Rosana Agrelo e Egar Ledo, que fixeron una selección dunhas vinte obras reunidas coa realidade como tema desde as perspectivas da ficción, da intimidade e da reconstrucción de imaxes fotográficas, porque o 50% da Colección Arco é fotografía.Ó contemplar esta mostra, o visitante atopa na primeira das tres salas un discurso «a partir do espacio imaxinario máis abstracto, pero con motivos sempre recoñecibles», segundo Rosana Agrelo. Si, como as páxinas dun pentagrama baldeiro de grandes dimensión, obra de Jorge Macchi, no que se un se achega moito descubre que as liñas están feitas con letras de xornais. Uns cascos pendurados do teito invitan a escoitar unha música tan particular como esta partitura.A segunda sala é un espacio «testimonial», co individuo como protagonista de fotografías entre as que se destaca o conxunto de catro escenas urbanas e inquietantes captadas por Miguel Rio Branco, marcadas polo límite da noite.O percorrido remata coa sala dedicada á realidade transformada, a xogos de perspectivas como as que ofrece Allan Sekula na obra Bilbao , na que contrapón unha foto do Guguenheim con outra do espacio descuidado que hai detrás dese entorno privilexiado. Ou as montaxes de Mark Wallinger, nas que o que semellan imaxes reflexadas nun espello non son máis que paneis pintados que ocultan unha obra urbana.Este fondo deixará o CGAC en tres anos, porque xa ten sede en Madrid. O director do CGAG confesou que non lle dá mágoa perdelo, porque se sinte «muy orgullososo» da colección que foi creando o CGAC, que xa conta con 300 obras. A meirande parte foron adquiridas na feira Arco, un compromiso a cambio de ter a súa colección. Na edición que se abre hoxe van gastar 120.000 euros, baixo a responsabilidade do director do CGAG, o do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, e o profesor de Arte da USC, José Manuel López Vázquez.