Nas actividades do Centro Xuvenil Don Bosco participan máis de 300 mozos e mozas semanalmente, alén do traballo de uns 50 monitores
08 ene 2003 . Actualizado a las 06:00 h.Claudio Pan afirma que os 12.000 euros do premio Galicia Futura, que hoxe lles entrega a Xunta, «serán unha axuda importante para impulsar o proxecto de ampliación e mellora de instalacións, na rúa Belvís». -Don Bosco traballa en Santiago desde 1978, ¿mudou moito neste tempo? -Eu participo nas actividades do centro xuvenil desde os 6 anos, estiven en todo, e agora sigo como monitor. Notamos menos asistencia desde que existe Fontiñas. -¿Que actividades destaca? -Cada semana hais máis de 300 participantes, con idades de 6 a 18 anos; e uns 50 monitores. A maior presencia é nas actividades deportivas, con máis de 200; despois os scouts , con uns 50; e a ludoteca, a biblioteca, a oficina de voluntariado europeo, a escola de tempo libre, aulas de apoio polas tardes... -E o campamento urbano ¿non? -É unha actividade cíclica, nos veraos, como a Operación Quilo no Nadal, e outras. O campamento urbano nos inicios chegou a xuntar un milleiro de asistentes; na última edición tivemos menos de cen. O descenso é porque agora hai Ferradura Aberta e outra oferta para esas idades. -¿Como valora a sua vicepresidencia do Consello da Mocidade? -Estiven un trimestre, que acaba nestes días. O traballo no Consello Municipal é lento, pero nestes meses o Concello ofertou locais para reunións da mocidade en Sar, que esperamos se podan utilizar en breve; e solicitou colaboración para as actividades das noites de ocio. Don Bosco e A Casa Encantada presentamos propostas e estes días esperamos ter resposta.