Roberto Salgueiro espera levar a escea e dirixir «Moliére final»

Manuel Beceiro SANTIAGO

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

Con este texto o escritor de teatro gañou o seu terceiro premio Álvaro Cunqueiro A ácida comedia transcurre no intre que media entre a morte e o enterro do cómico francés

23 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Un ano máis, e van tres, o escritor Roberto Salgueiro ven de ganar o premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais coa obra Moliére final . O galardón se suma ós obtidos no 88 con O arce no xardín , e no 2000 con Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado , ademáis de ser finalista no 89 con Historia de Nera . A nova peza creada polo tamén director da Aula de Teatro de Santiago parte do feito biográfico da morte do dramaturgo, nun tempo que transcurre desde o momento do óbito ata que é soterrado -a finais de 1673 a Igrexa prohibía soterrar ós cómicos, pero a muller de Moliére conqueriu un permiso a condición de sepultalo de noite-. Nese espacio dramático Salgueiro sitúa en torno a Moliére ós personaxes que rodearon a súa figura como a súa dona Armanda, os actores Baron, Lagrange e Montefleaury, e o músico Lully. A idea de escribir esta peza sobre Moliére veulle a Roberto Salgueiro cando escribiu para a Universidade a montaxe de O burgués xentilhome . «Ata ese momento -aclara o autor- era unha idea que tiña sempre ahí pululando. Foi entón cando vin que tiña unha biografía apaixoante e que a súa figura resultaba moi interesante, polo que decidín documentarme». De toda esa apaixoante vida o que máis impresionou ao laureado autor galego foi o enterro do dramaturgo galo, «ao que saliu de noite toda a cidade de París, porque aínda que era un personaxe moi controvertido, con moitos inimigos na Corte, era moi admirado polo pobo». Roberto Salgueiro é dos que cree que a obra do comediógrafo francés é «moi actual e contemporánea, con estructuras teatrais muy claras e unha linguaxe cuidada». Este aspecto é central para o autor compostelán. Neste sentido él tamén tratou de ser contemporáneo no texto de Moliére final. «A obra -subraya Salgueiro- non imita nin remeda o clasicismo, pero é dun tono máis ben severo. Non é unha linguaxe contemporánea neste sentido».