O descurso está construído coas testemuñas de persoas que conviviron co político e intelectual galeguista e nos escenarios nos que estivo
20 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Recuperar a memoria histórica coa figura de Castelao como eixo central foi un árduo traballo que Xan Leira, fillo de galegos nacido en Arxentina, emprendeu hai catro anos e que, baixo o título de Castelao e os irmáns da liberdade , deu lugar a unha longametraxe documental, un vídeo didáctico, unha exposición de fotos e pintura, un portal na rede e un libro. O conxunto do proxecto foi presentado nunhas xornadas celebradas na galería Sargadelos. -¿Por que elixe a Castelao como fío conductor? -Porque entendo que é unha das figuras máis ricas da nosa historia, e a súa biografía representa a etapa da historia de Galicia comprendida entre a abolición da monarquía e a II República ata a Guerra Civil e o exilio. É a expresión de todo iso, o referente político daquel tempo, ademáis dun home bo e comprometido coa terra. Define moi ben un momento do noso país. -¿O material é o mesmo en distintas versións? -A medida que iba traballando a figura de Castelao axigantábase, porque con cada entrevista abríanse novos horizontes. Por iso decidín que tiña que ampliarse e ter soportes para diferentes espectadores. -¿Recurriu sempre a testemuñas vivas? -Percorrimos tódolos escenarios vitais nos que estivo Castelao. E falamos coas persoas que conviviron con el, co criterio de que fosen as que construiran o discurso, porque aí é donde está a esencia da recuperación da memoria e a lexitimidade para que perviva. É un proxecto guiado polo rigor das vivencias das persoas, con todo o que significa. -Anda con outro tema. -Si, Atila en Galicia , a historia dos anos 36 ó 39 en Galicia.