HEMEROTECA A voz ceibe de Benedicto presentaba cancións como «Abaixo a dentadura»

Diego E. Barros SANTIAGO

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Corría o ano 1977 e os aires de cambio en Galicia xa non se podían conter máis. Loitas, folgas e manifestacións en áreas industriais, coma Vigo e Ferrol, e estudiantís coma Compostela, marcaban o pulso daqueles tempos. Foron anos de reivindicacións sociais entre as que estaba, como non, o vello soño dos galeguistas. A loita polos dereitos de Galicia como pobo. A recuperación da nosa língua e a nosa cultura. En todo isto tivo moito que ver o movemento Voces Ceibes e dentro del, Benedicto García, como un dos seus membros fundadores. A loita popular, mariñeiros e labregos entraban a formar parte dos repertorios e a música galega comezaba a despegar. Benedicto, por aquel entón, sacaba un disco ó mercado chamado Pola Unión , onde cantaba temas como Abaixo a dentadura nun intento de eludir a censura. Hoxe é mestre no CEIP López Ferreiro de Santiago e continúa ligado á música e a outras actividades artísticas que compaxina coa militancia en CC.OO.