A Sinfónica de Melide grava no Auditorio de Galicia novas obras do seu amplo repertorio
05 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.A Orquestra Sinfónica de Mélide grava no Auditorio de Galicia novas obras. O director desta formación musical e do Conservatorio de Música melidense, Fernando Vázquez Arias, non se rende e pon en marcha unha nova iniciativa, esta vez para gravar tres bloques de obras moi diferentes, que incorporarán no seu momento a discos temáticos. A maioría dos 70 músicos que participan neste traballo son alumnos do Conservatorio de Mélide, apoiados en cada corda polos profesores. Unha das obras que gravan é Rapsodia española , de Turina, contando co xove pianista José Vázques Serrano como solista. Noutro bloque trátase de Romanzas e dúos de zarzuela, para os que contan coa soprano Teresa Novoa e o tenor José Antonio Campo. Unha selección de fragmentos musicales de bandas sonoras de películas coma O mago de Oz , Sumertine ou Jesus Crist super star completan o programa. O dinamismo desta orquestra non se limita á práctica orquestal dos alumnos e a gravacións con moitos ensaios previos. Este verán teñen nada menos que dez concertos comprometidos, oito deles dentro do programa da Xunta O son da vila . En Melide ofrecerán dous concertos especiais, o 15 e o 16 de agosto, nos que interpretarán unha Antoloxía da Zarzuela e estrenarán Catro décadas para un musical.