Un euro a prol do galego

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

01 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A Mesa pola Normalización Lingüística, o portal galego Vieiros, a adega Durán, a empresa de transportes Gómez e a entidade bancaria BBVA presentaron onte unha campaña única en prol da lingua galega. O proxecto consiste en vender viño albariño por Internet e destinar un euro do precio de cada botella vendida a promover o uso do galego. Un informe da Unesco que apuntaba que a lingua estaba en vías de extinción puxo en marcha esta iniciativa. O obxectivo que persiguen é conseguir 6.000 euros, cantidade que doarán á promoción do galego a través da Mesa pola Normalización. Os interesados deberán mercar as botellas no portal de Vieiros na Rede, que lles serán entregadas nun prazo de 48 horas. A adega Durán valorou esta forma indirecta de publicidade como unha fórmula en favor da lingua con motivo do Día das Letras Galegas, ó igual que fixo en anos anteriores con iniciativas culturais semellantes. Daí que a campaña dun euro a prol do idioma galego ó mercar este viño albariño só dure ó longo deste mes de maio.