O día de Eusebio Lorenzo

Uxía López Rodríguez
UXÍA LÓPEZ PADRÓN

SANTIAGO

ANXO ABALO

Dodro lembrou ó autor ca entrega do premio de poesía a Xosé Lois Rúa por «O tránsito da auga»

30 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Familiares, amigos e veciños de Eusebio Lorenzo Baleirón reuníronse onte no colexio de Dodro para celebrar unha nova festa literaria en memoria do autor falecido hai xa quince anos. Deste xeito, o Concello entregou o Premio de Poesía que leva o seu nome e que este ano recaeu no xornalista ourensán Xosé Lois Rúa Núñez pola súa obra O tránsito da auga. No acto, moi emotivo, coa presencia da nai do poeta falecido que recibiu un ramo de flores e un agasallo, a profesora Helena Villar Janeiro, membro do xurado, falou de que Lorenzo pertence xa a catro familias. Primeiro, a que leva o seu sangue e que florece na súa filla; unha segunda espiritual na que están os fieis amigos como Anxo Angueira e mesmo os veciños de Dodro; a terceira formada polas súas obras literarias que cada vez acadan «máis recoñecemento e maior divulgación» e, por último, a familia dos afillados que, segundo Helena Villar, son aqueles autores premiados co galardón creado en Dodro hai catorce anos.