«O que está sucedendo estes días é poesía amarga»

La Voz

SANTIAGO

M. BECEIRO EL CRONÓMETRO Xosé Manuel López Ardeiro, autor de «Un xardín no tempo»

25 sep 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Non é un poeta profesional senón que traballa nunha oficina pública, pero Xosé Manuel López Ardeiro, nacido en Logrosa (Negreira), conta na súa longa traxectoria poética con importantes premios como o Cidade de Ourense (1981), o Celso Emilio Ferreiro (Vigo, 1985) e o Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro, 1988). Agora volta cun novo poemario, Un xardín no tempo, editado por tresCtres Editores, presentado onte nun acto que tivo lugar na Librería Couceiro. -¿Que flores inspiran o novo xardín poético de López Ardeiro? -O libro ten dous fíos conductores. Un é o tempo, con algún poema adicado a antepasados, e un segundo fío conductor é a distancia física. Hai poemas ligados á Habana, Mar del Plata, ós Andes ou Düsseldorf ou a lugares comúns da nosa xeografía. -¿Esto obedece a que sentiu o peso da emigración? -Non. Eu recorrín toda latinoamérica cantando coa coral Terra A Nosa. Pero non é só a xeografía o fío conductor senón tamén a reflexión sobre determinados aspectos sempre abordados desde o tempo e a distancia. -¿Son estes os fíos cos que se teceu a anterior poesía? -Este libro ten un común denominador cos anteriores: o intimismo, o amor e o surrealismo en moitos casos, todos filosóficos, reflexivos. -¿Cales son as influencias da súa poesía? -Hay resonancias doutras voces, de vellas glorias como Novoneyra e Avilés de Taramancos, pero sin asemellarse a eles. Dos estranxeiros, Alfonsina Storni e Neruda. -¿Calquera tempo pasado foi mellor para a lírica? -Eu creo que todo-los tempos son bós dado o descalabro que está habendo no mundo, porque todo esto que está sucedendo é poesía amarga.