O Auditorio de Galicia bota a andar o I Premio Novos Valores en artes plásticas, unha iniciativa «especialmente oportuna», a xuizo do alcalde e presidente do Consello directivo deste centro, para promover a xóvenes nacidos ou residentes en Galicia menores de 40 anos. A obra gañadora deste certame recibirá un millón de pesetas. As bases establecen catro accésits de 200.000 cada un e outro premio pola mesma cantidade á obra que elixa o público entre as que estarán expostas a partir de outubro no Auditorio. A preselección dos finalistas faraá o xurado entre os dossiers e a ficha técnica da obra que os artistas enviarán ó Auditorio antes do 1 de septembro. O xurado estará composto por Isaac Díaz Pardo, Quintana Martelo, Silverio Rivas, Ruíz de Samaniego, Rosario Sarmiento, María Luisa Sobrino e dous representantes do centro convocante.