MANUEL A. CALVO A ENTREVISTA Manuel Pazos, presidente da asociación Obradoiro da Historia A asociación Obradoiro da Historia é un pequeno núcleo de persoas que ten fixado o obxectivo de eliminar a pátina de esquecemento que ten a cultura da comarca de Ordes. Con poucos medios e xenerosas doses de entusiasmo, o colectivo leva varios anos exercendo unha importante influencia na actividade cultural ordense, por medio de publicacións, conferencias e denuncias de abusos contra elementos do patrimonio. Manuel Pazos, o seu presidente, asegura que «hoxe Ordes é un deserto cultural».
08 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.A existencia de Obradoiro da Historia é un caso típico de asociación formada por un grupo de amigos, coa intención de mover un pouco o seu entorno. -¿Como naceu Obradoiro da Historia? -Formámonos ó ver o grande deserto cultural que hai en toda a comarca de Ordes. Hai falta de iniciativas en música, literatura e outras actividades, e ademais pódese ver unha desprotección do patrimonio histórico. Todo comezou en 1996, cando atopamos o dolmen de Aiazo, e empezamos a escribir ás institucións pedindo a protección destes restos arqueolóxicos. Démonos conta de que políticos e asociacións pasaban de todo, e decidimos formar Obradoiro da Historia. -¿Cal é a actividade habitual do colectivo? -Actuamos en tres grandes ámbitos. O primeiro deles é a organización de actividades culturais, que son basicamente as xornadas literarias. Penso que na historia de Ordes ningunha asociación conseguiu que en cinco anos pasaran tanta xente destacada na cultura, como Neira Vilas ou Suso de Toro, e ademais cos éxitos de público que houbo. Debemos ser dos poucos que podemos encher a Casa de Cultura. Para máis adiante tentaremos traer a xente como Xosé Luis Méndez Ferrín e Manolo Rivas.