A literatura realizada por mulleres «está participando en pé de igualdade no movimento literario do noso país», afirmou a profesora e poeta Pilar Pallarés, na conferencia de encerramento das xornadas. Iso é así «sabendo que a categoría de xénero está presente, pero actuando como se non o estivese», acrescentou a autora de Séptima Soidade. Lembrou Pallarés o caso excepcional galego, ao estar o centro do cánone ocupado por unha muller, Rosalía de Castro; e dixo que ela e outras non se importan en se recoñecer «herdeiras ou continuadoras» desa poeta do XIX. Defendeu a diversidade da produción das mulleres actuais, que atinxe un «recoñecimento crítico moi de salientar». A oradora advertiu aos asistentes da necesidade de «lograr que a literatura sobreviva ao ensino» e tivo palabras de lembranza para Carvalho Calero (ao se referir á morte recente de Maria Ignacia Ramos), e ao baleiro que se observa entre a súa xerazón e a dos seus discípulos.