Dice que el gran objetivo del Concello de Teo «é o progreso, a mellora en tódolos ámbitos». Y es quien puede decirlo, su alcalde, Armando Blanco Martínez, quien reconoce un importante despegue urbanístico. De hecho, el Concello manejará este año mil millones de presupuesto municipal.
18 jun 2000 . Actualizado a las 07:00 h.LUIS CRISTOBO
Teo vive un momento dulce, ya que se ha consagrado como el segundo núcleo de población, tras Santiago, y está experimentando un fuerte despegue urbanístico, aunque salpicado de polémicas, denuncias y protestas por una supuesta «proliferación incontrolada».
_¿Son ciertas estas acusaciones de descontrol urbanístico?
_Nós aplicamos as normas subsidiarias, que permiten construir baixo, dúas plantas e planta baixo cuberta. Polo tanto, non hai ilegalidade algunha senón que cumprímo-la normativa e damos licencia a todo aquel que cumpre estes requisitos.
_¿Non son moitas vivendas as que se constrúen?
_Hai moita máis demanda das que se fan. Teo está sendo escollido por moita xente como un lugar idóneo para vivir e nós temo-la obriga de atender estas demandas. Poida que se constrúa moi de presa e en pouco tempo, pero a calidade da construcción é boa ou moi boa e a xente está contenta.
_¿Non precisaría Teo un Plan Xeral para unha mellor ordenación?
_É o noso obxectivo nesta lexislatura dotármonos dun Plan Xeral para deseñar os usos futuros residenciais, de ocio, industriais, viarios e de equipamentos. Por exemplo, a estrada dende o Castiñeiriño ata case Cacheiras terá catro carrís e dotaranse de entradas e saídas ás urbanizacións de Os Tilos e Montouto por medio de rotondas ou pontes.
_¿Non lle da a impresión de que o seu concello medrou moito e de que hai desaxustes?
_É certo que está a medrar, pero cada vez temos máis medios e facemos máis cousas. Por exemplo, para controlar mellor todo o tema urbanístico imos a contar cun equipo técnico dirixido por un arquitecto, temos unha brigada de obras con 19 persoas. Medramos en todo, ata no presuposto pois este ano chegaremos ós mil millóns de pesetas.