Luns

Sabela Seoane Lorenzo

RELATOS DE VERÁN

15 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Aquel luns dixen que non. Non ía participar. Os ollos de Víctor claváronseme coma coitelos afiados. Segundo eles tiña moito que perder e pouco que gañar, mais…

Chegara o momento. Eu notaba o frío escorregar dende a caluga. Alí estaba Xián alleo ao movemento do mundo. O meu corazón latexaba cada vez máis forte. Eles eran xa vítimas da adrenalina e miraban cara a punto feble con aire de superioridade. Esa amiga que tan ben agochaba medos e inseguridades.

O noso obxectivo chegara á hora estimada á alameda. A cotío, Xián sentábase naquel banco,con aqueles polos de algodón, aquelas zapatillas e aquela mirada de indiferenza. Nós aqueldía, fixemos da súa fiel rutina, o noso máis prezado e cruel aliado.

Quedaramos en casa de Roque para argallar o plan ao milímetro. Tiñamos todo o quenecesitabamos: globos, auga, fariña e quilos de maldade. Víctor, como bo líder,convencéranos. Coma ovelliñas, ningunha fomos quen de refutarlle a idea.

Ese luns tocáballe a Xián expor o traballo. Xa chegaba o murmuio. Ergueuse con mans suorosas. Comezou a falar. Voz feble.

Mirada baixa. Eu sabía que o podía conseguir. Risas defondo. E de súpeto… ese son agudo de novo. Caos. Movementos rítmicos. E o profesor que lledi que non se preocupe, que bo intento, que xa o conseguirá. E Víctor coa cantinela de sempre:

«Voume facer eu o autista xa verás como aprobo todas sen rañala».

Aquel luns coas legañas postas subín ao autobús. Só quedaban dous asentos baleiros, perohoxe tiña claro onde sentar.

Alí estaba aquel chico de ollos verde coral, cos seus cascos postos e o ollar perdido no infinito. Sen dicir palabra, amoseille aquel libro. Et voilá… “Seica, coñeces o pingüín máis raro do mundo?”, bisbou Xián. Ese foi o inicio da primeira de moitas conversas.

Sabela Seoane Lorenzo. maestra de pedagoxía. 32 anos. Ourense.