O retrato de Leonora


Leonora, mira sen ver, a fermosa paisaxe daquel espléndido día de verano, resultándolle totalmente imposible desfrutar da beleza que se estendía diante dela. Os seus ollos estaban afogados de bágoas, de tantas bágoas pendentes de derramar. Só quería unha cousa: o seu retrato.

O seu corazón achicábase ao recordar, como se fora onte, cando o seu amor lle dicía: «Leonora, dáste conta de que sempre que ingreso me toca unha habitación pola que se ve a casiña do monte?».

Cando todo isto pase, subiremos e farémoslle un retrato. Será como unha homenaxe á vida, ao esquecemento de tempos tan duros e desconcertantes.

Imaxinábanse a felicidade que sentirían o día que colocaran o retrato na repisa da cheminea, como se mirarían rindo pola batalla gañada.

Pero o destino, envexando a súa felicidade, non quixo que tantas ansias de vivir se fixeran realidade.

Por iso, Leonora, segue enfadada con el, xamais lle perdoará arrebatarlle os soños , a ilusión, o corazón, en definitiva a vida.

Mirando de reollo a cheminea, Leonora, suspira profundamente e pensa: «Pero... se eu só desexaba un retrato».

María Beatriz Conde Duro. Funcionaria. A Estrada. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O retrato de Leonora