Un día en Maiorga

Sabela Nieves Rodríguez

AL SOL

24 ago 2020 . Actualizado a las 13:19 h.

Un domingo do mes de xullo fun a Maiorga, no río. Fomos eu, que son Sabela, o meu pai, uns amigos, os meus curmáns e o meu irmán.

Ese día comemos unhas empanadas de carne moi ricas. Mentres xantabamos, descubrimos que estabamos ao pé dun niño de avespas e tivemos que saír por un lado do camiño. Despois de xantar e escoitar un pouco de música fomos coller a piragua e a táboa de pádel surf e demos unha volta nas embarcacións. Despois de pasar o día xogando decatámonos de que perderamos ao Lois e ao Suso (que son o meu curmán e o seu pai). Chamámolos moitas veces e ao lonxe vimos dúas persoas nunha piragua a un quilómetro de distancia, e pensamos que eran eles, pero non podían ser porque o remo era vermello e o deles era branco. Entón vimos que viñan polo outro lado e o Suso, que era o que remaba, viña facendo eses. Cando chegaron á beira comezamos a falar do que máis nos gustara da viaxe. A min, sen dúbida, o que máis me gustou foi saltar dende o peirao e ir na táboa de pádel surf.

Sabela Nieves Rodríguez. Estudante. 9 anos. Lugo.