Con tódolos sentidos


Tratou de retirar de novo unha folla xigante que, pouco máis, e lle batía na meixela, para poder continuar con aquela gran camiñata. Mira que lle gustaban as plantas. Tan só con admiralas, xa parecía que lle falaban, que lle agradecían eses segundos dedicados a elas.

Xa podían estar en época de flor ou non, que ela as coidaba co mesmo entusiasmo e agarimo. «Que tal, bonita? Hai que ver qe guapa que es, filliña». Din que falar con elas e poñerlles música séntalles de marabilla. No seu caso, habería que sumar tamén unha pequena caricia.

Con todo, naquel recuncho do mundo, naquela selva que podería dicirse amazónica do leste, as verdes follas xigantes color esmeralda resultaban formas completamente descoñecidas para ela, o que viña ser un problema para o seu compañeiro de viaxe, pois cada pouco miraba cara atrás esperando atopala pisándolle os talóns, cando a rapaciña quedaba uns cantos metros máis atrás, admirando cada pintiña das follas que lle tapaban a vista a cada paso.

Menos mal que moitas delas eran similares e só se retrasaban ao atopar unha nova especie. «Veña, Pauliña, esperta xa que temos que marchar pronto e aínda non regamos as plantiñas do salón para que lles quede auga estes días. Baixa axudarme, camiña».

Laura Estévez Fernández, estudante de música, 22 anos, Oleiros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Con tódolos sentidos