Club Selene

María Pilar Garrido Aláez

CULTURA

17 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Coma cada sábado, tocan no club. Saen puntualmente, collen os seus instrumentos e comezan a fluír esas notas acompasadas ao ritmo da percusión. Daniel é o saxofonista, é único, elegante co seu traxe e a súa brillantina. Toca o saxo con toda a súa alma, reflexa con el todos os sentimentos que ten cara a Judith, esa muller que sempre senta na mesma mesa, con ese marabilloso cabelo ondulado e eses ollos grises enmarcados por un belo rostro.

El míraa dende un lugar privilexiado, no que o público está aos seus pés, séntese poderoso, é a estrela da noite e sabe que toca coma ninguén. Ela vai acompañada da súa parella, beben, rin e cóntanse segredos ao ouvido... uns segredos que Daniel anhela para el. Pero Judith entregou o seu corazón a outro home por quen Daniel sente unha rabia interior que lle fai tocar aínda mellor. Cando cada noite se deita nun solitario leito soña esperto con ela, co seu cabelo, cos seus ollos, co seu sorriso....

Ao seguinte sábado, ela estará no Selene sentada na mesma mesa de sempre e el tocará o saxofón sacando notas de amor directas ao corazón de Judith.

María Pilar Garrido Aláez. 49 anos. A Coruña. Administrativa.