O sector cultural debate no Pazo da Cultura de Pontevedra

PONTEVEDRA CIUDAD

CONCELLO DE PONTEVEDRA

Recta final da exposición «Do final e do comezo»

10 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A mostra Do final e do comezo, que expón no Pazo da Cultura de Pontevedra traballos finais do grao en Belas Artes encara a súa recta final coa programación de diversas actividades. Así, si este venres estaba previsto que a artista Susana Gómez desenvolvese un obradoiro de narrativas dende o téxtil que permitise elaborar un pequeno fanzine téxtil, construiremos dende o pictórico onde «a palabra bordada intégrase coa tela, xogando coas posibilidades da cor e da composición», hoxe, a partires das 12.30 horas, está programada a conversa A Cultura. Conversas, encontros e desencontros. Acto de clausura da mostra ‘Do final e do comezo'. Na mesma intervirán profesionais do sector cultural: Javier Tudela, Lucía Suárez, Mar Ramón Soriano e Sergio Lago.

CONCELLO DE PONTEVEDRA

E xa o domingo, día de clausura da exposición, derradeira visita guiada á exposición na que hai inscritas dezasete persoas, aínda que poden unirse á mesma todas aquelas persoas que se acheguen.