O cronómetro | Concursos en Pontevedra, Marín, Caldas y Poio Catro concellos da comarca celebran hoxe o concurso dos maios, una tradición recuperada hai uns anos. Na praza da Ferrería estarán dez participantes
30 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Xoán Carlos Morgade, pontevedrés moi vencellado ás iniciativas culturais e docentes, será o encargado de dar a benvida o maio hoxe na praza Ferrería, sobre as 11.30 horas. E tras a súa intervención, comezará o concurso, no que se inscribiron dez participantes: Asociación Cultural e Deportiva de Campañó; colexio Froebel; colexio San Martiño de Salcedo; As Landriñas de Marcón; San Xulián de Marín; CEP de Monte Porreiro; Asociación Recriativa de Xeve; Maio de Cerponzóns; colexio de Cabanas e Os do Pavillón de Cabanas, Salcedo. Este ano, destaca a ausencia do maio de O Balneario, de Monte Porreiro, co que colaboraba o desaparecido Xosé Manuel Brea Vaamonde. Todos os participantes recibirán unha rosca e poderán optar a tres premios -de 150, 120 y 90 euros- en cada un dos apartados de maios, cantigas, interpretación e coroa, ademais dun premio especial de 450 euros e outro para centros escolares, de 300 euros. No Concello de Marín, o Ateneo Santa Cecilia organiza este concurso tradicional. Presentáronse sete maios e catro embarcacións, que se concentrarán na Alameda marinense ás 12.30 horas. Pola tarde, na praza do Reloxo, interpretarán as súas cantigas. Na parroquia marinense de Seixo, o certamen, promovido pola Asociación Cultural O Ronsel, celebrarase na Casa da Cultura, ás 18.30 horas. Tamén haberá maios nas parroquias do Campo e San Tomé de Piñeiro. En Caldas, a cita será ás 12.30 horas, na Plazuela, organizada polo Concello. Finalmente, en Poio, o concurso desenvolveráse no parque de A Seca, ás 12.30 horas.