NA ÚLTIMA | O |
07 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.HOXE é día oito. Dentro de dez, o 55% da xente comporá carambolas para pasar os doce restantes ata fin de mes. A maioría non ten recursos entre nómina e nómina para que a espera pola última non se faga demasiado longa. Sete de cada dez non poden aforrar nada. So gardan para o día de mañá os tres restantes, os mesmos que contribúen a subir o gasto mensual medio por persoa en Galicia ata 1.631 euros. Por ahí anda o prezo do metro cuadrado en Pontevedra, polos mil cincocentos euros. A ecuación é sinxela. Noventa metros de piso, igual ó que vale manter a unha persoa desas que gastan 1.631 euros ó mes durante sete anos. O panorama está obrigando a artellar medidas. Xa se advirte que a vivenda está sobrevalorada e que os tipos de interese volverán subir. Entretanto, IBM, a empresa dedicada a fabricación de compoñentes informáticos, acaba de propor ós seus empregados unha ocurrencia. Os que queiran poderán pasar un ano sabático sen pisar o posto de traballo e cobrando o 35% do salario. A medida afecta a 93.000 empregados en todo o mundo. En España acolléronse 41. Parece que hai outra maneira de ver as cousas, incluida a luz do final túnel que queda tapada para a maioría pola última folla do calendario de cada mes.