Nova edición das Noites de Terraza

La Voz

PONTE CALDELAS

Dende o pasado venres e ata o 11 de setembro, Ponte Caldelas aposta de novo pola cultura segura coas Noites de Terraza. Deste xeito, todos os todos os venres e sábados, ao aire libre, a partir das 21.30 horas e co aforo controlado a través das mesas da hostalería autorizadas previamente polo Concello, a Alameda e a Praza de España acollerán distintas actuacións musicais.