O Rasoeiro saca un empate a sete segundos do final, e o Asmubal perde co líder

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

POIO

Rosario Gondar

Os de Filgueira reaccionaron a tempo, presentando un duelo igualado no último cuarto de hora, con premio

14 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Calmear Rasoeiro arrincou 1 punto do seu deulo o pasado sábado co Escuelas Deportivas Poio, cun tanto provocado e materializado por Rodrigo Mouco a sete segundos do final que poñía o 29-29 definitivo.

O partido non comezara ben para o cadro que adestra Pablo Filgueira. Lento na circulación do balón no ataque, o Rasu víu como o seu rival comezaba a comandar o electrónico con vantaxes curtas. Un tempo morto do técnico local variou a dinámica, e o Calmear mesmo chegou a poñerse por diante antes do descanso cunha defensa 5-1 (9-8).

Logo de ir ao descanso 13-14 abaixo, o Rasoeiro vivíu os seus peores momentos no reinicio do choque, vendo o Poio tres arriba no minuto 40 (16-19). Os de Filgueira reaccionaron a tempo, presentando un duelo igualado no último cuarto de hora, con premio.

Pola súa banda, o Asmubal Meaño non tivo nada que facer ante o líder da Primeira Autonómica Feminina, o Cañiza: 35-28.