Moraña di adeus ao seu chef

La Voz

MORAÑA

MÓNICA FERREIRÓS

Javier Giao Silva morreu aos 37 anos vítima dunha enfermidade

05 jul 2017 . Actualizado a las 12:09 h.

Sempre será recordado como unha persoa «dinámica, emprendedora, alegre e divertida». Javier Giao Silva morreu onte na súa Moraña natal, vítima dunha enfermidade que acabou ca súa vida aos 37 anos. Este recoñecido cociñeiro profesional estaba ao mando de Casa Giao de Amil. Estudou hostalería no IES Lamas de Abade de Santiago e iniciouse no oficio nos fogóns do Gran Hotel de A Toxa, nun restaurante de Madrid e do Hotel Piñeiro de A Lanzada, ata que asumiu o negocio familiar que fundaron os seus avós, facéndose cunha boa clientela a base de moito traballo e o apoio dos seus pais e irmáns. O seu carneiro e o seu porquiño ó espeto botaranse de menos este verán, como o ritual da súa máxica queimada. Numerosas persoas achegáronse onte ao tanatorio de Santa Lucía para darlle o seu último adeus a Javi Giao. O funeral celebrarase hoxe a partir das cinco da tarde na igrexa de San Pedro de Rebón.