AMIL (MORAÑA) | A PARTIR DAS 9 HORAS
13 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.Hoxe ás 9 da mañá comeza a Baixa das Bestas de Amil. Os voluntarios guiarán os preto de 300 cabalos que pacen libres nos montes ata o curro. Ás 19.30h realizarase unha exhibición de monta, aberta a todos os que desexen medir a súa forza coa das reses. Os cabalos volverán ó pastizal ás 21h. A celebración continuará toda a noite, con ceas ó aire libre e orquestas.