«Marín é sinónimo de caldeirada»

La Voz

MARÍN

MARÍA NOGUEROL

MARCOS GAGO A ENTREVISTA Manuel Mendaña Pazos, galardonado empresario del año por Acima Unha vinculación familiar secular co mar e a actividade pesqueira levou a Manuel Mendaña a idear unha empresa que servise, á vez para facer cartos e como unha referencia ó pasado, presente e futuro de Marín. Esta iniciativa concretouse no restaurante A Lonxa Vella, en Cantodarea, xusto enfrente de onde se ubicaba aquel edificio xa desaparecido. O establecemento hosteleiro, inaugurado o pasado decembro, converteuse nunha referencia na axenda gastronómica de Marín. Este e outros méritos empresariais foron os motivos polos que Acima elixíu a Mendaña para a súa homenaxe anual ós industriais da vila.

15 sep 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

A traxectoria profesional de Manuel Mendaña na hostelería é relativamente recente. -¿Como naceu a idea da Lonxa Vella? -Hai nove anos que montei unha cafetería en Marín na rúa da Roda. Aquí en Cantodarea, A Lonxa Vella xurdíu como unha primera experiencia na hostelería, e forma de dirixir algunhas inquietudes na restauración. Non pretendo que vaiamos descubrir nada novo. Este é un establecemento adicado ó peixe. Simplemente ten unhas características que queremos enfocar na lonxa antiga. -Entón, ¿que se pode atopar no seu menú? -A especialidade forte son as caldeiradas: a cazapa, o rape a pescada. Non nos olvidamos das carnes. Pero Marín é sinónimo de caldeirada. Este é o prato que nos deu a coñecer en toda a provincia. Cando me movo fóra por cuestións de traballo, sempre hai quen me recorda iso ó falar de comida. -¿Segue estando presente a caldeirada na comida diaria dos veciños desta vila? -Penso que sí, porque é parte da cultura dos marinenses. E tamén a xente que nos visita nola pide. Estou dacordo coa nova cociña e a experimentación. Non se pode estar estancado. Pero a cociña caseira, a de calidade, é a que ten que estar na base da oferta dos restaurantes.