Manuel García Barros encandila aos usuarios da residencia de Cuntis no IES Número 1

d. c. A ESTRADA / LA VOZ

CUNTIS

IES N1

28 oct 2022 . Actualizado a las 09:01 h.

O pasado venres o IES Número 1 da Estrada estreaba a exposición itinerante Vida, obra e pensamento sobre as experiencias e a obra do escritor e xornalista de Callobre, Manuel García Barros. Unha mostra que percorreu varios centros e a biblioteca municipal, que ten coma obxectivo achegar esta figura histórica das nosas letras aos estudantes e aos estradenses. Porén, onte non foron os máis novos quen gozaron coa exposición, senón un grupo de maiores da residencia do concello veciño de Cuntis.

Ata o instituto chegaron un grupo de seis usuarios que desexaban coñecer máis sobre a figura de García Barros. Unha ollada aos paneis que estivo acompañada polas explicacións do comisario da exposición, Carlos Loureiro, a directora do centro, Beatriz Quintela, e por un grupo de alumnos e alumnas de segundo da ESO.

Ao rematar a visita e comprobar de primeira man a historia do escritor, levaron un lote de libros para a biblioteca da residencia e un folleto explicativo da mostra elaborado polo equipo de Dinamización e da Biblioteca do IES, un agasallo para que sigan profundizando na vida e obra do autor estradense.