Festa do Bolo de San Martiño de Borela

CERDEDO-COTOBADE

CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE

14 nov 2025 . Actualizado a las 17:24 h.

A Festa do Bolo de San Martiño de Borela, en Cerdedo-Cotobade, arrancará ás 13 horas coa misa solemne seguida dunha sesión vermú con Os Afoutes do Canón de Pau. Ás 19 horas, degustación do bolo, acompañada de sardiñas asadas e magosto, amenizados polo grupo de gaitas As Foutiñas. Pola noite, verbena, co trío Tic-Tac e o dúo Prisma, ademais de queimada gratuíta para os asistentes que permanezan ata o final da festa.