Agradecemento a Xosé Luis González e Xosé Martínez

Manuel González Martínez EX TENENTE DE ALCALDE DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS

CALDAS DE REIS

O exconcelleiro de Caldas Manuel González, con Xosé Luis González Paz, exjefe de servizo de Medio Ambiente que se xubila
O exconcelleiro de Caldas Manuel González, con Xosé Luis González Paz, exjefe de servizo de Medio Ambiente que se xubila M.G.

19 dic 2025 . Actualizado a las 11:03 h.

Este venres celebrase unha comida-homenaxe pola xubilación de dous servidores públicos, funcionarios para entendernos, Xosé Luis González (xefe de servizo de Medio Ambiente e RSU), e Xosé Martínez (conserxe do colexio de San Clemente), dous exemplos de compromiso co público, co seu traballo e as súas responbsabilidades. Xosé foi o conserxe do colexio o que fun de neno, onde cursei a EXB; o cal lle estou eternamente agradecido polo seu trato e o seu comportamento durante os anos de alumno, pero tamén polos anos que coincidimos no Consello Escolar e onde conseguimos importantes logros para o colexio, onde todo foron facilidades e compromiso. Grazas Xosé.

Quero facer mención especial a Xosé Luis, onde comenzando de barrendeiro, se xubila como xefe de servizo, toda unha demostración de compromiso co servizo público, de priorizar o de todos e todas, antes que os intereses persoais, un exemplo de servidor público. Coincidimos toda a miña etapa na política local, e para min foi unha honra traballar o seu carón, pero sobre todo unha foi unha aprendizaxe, e eso é o máis importante xa que che deixa un pouso de cara o futuro vital. Por eso, Xosé Luis che estou eternamente agradecido. Mil grazas compañeiro. 

Sei que ides estar ben na nova etapa que comezades, así que a disfrutala.