Bueu homenaxea a Xosé Manuel Millán Otero

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

BUEU

Rafa Estevez

30 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Bueu e a Deputación de Pontevedra homenaxean (18.30 h.) a Xosé Manuel Millán Otero na Casa do Pobo de Beluso. O acto, que xa tivo un prólogo onte en Moaña -na imaxe-, contará con intervencións institucionais, poéticas e musicais.

Dende o Concello de Bueu destacaron que «o acto, que coincide co segundo aniversario do seu falecemento, servirá para presentar a Obra Poética Completa a cargo de Manuel Rei, e participarán a deputada María Ortega e o alcalde Félix Juncal. A nota musical virá da agrupación Xardín Desordenado, que musicará varios dos poemas de Millán Otero».