A comarca dáse o gusto

María Conde PONTEVEDRA

BUEU

RAMÓN LEIRO

En dous minutos | Exaltacións gastronómicas As localidades de Ponte Sampaio, Cela e A Lama celebran esta fin de semana as degustacións da anguía, o viño tintafemia e o codillo respectivamente

30 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Comeza xullo e a comarca relámese. Só esta fin de semana, en tres localidades pontevedresas haberá degustacións gastronómicas para exaltar a anguía (Ponte Sampaio), o viñoo tintafemia (Cela-Bueu) e o codillo (A Lama). Na localidade pontevedresa de Ponte Sampaio prevense repartir estos dous días máis de setecentos kilos de anguía. A cita gastronómica, organizada pola Asociación Alvedosa, servirá hoxe e mañá racións de empanada de anguía a tres euros, así como racións de anguía frita, en cazoleta, guisada e en escabeche por cinco euros. Os stands da festa abren esta tarde ás 21 horas no recinto da Xunqueira (logo ás 22 horas haberá verbena) e mañá a primeira hora. O pregón leerao o escritor Adolfo Caamaño ás 13 horas, ao que seguirá unha homenaxe a seis naseiros xubilados da vila. Despois de toda unha xornada de festa, a cita concluirá con outra verbena nocturna, a cargo da orquestra Druida. Viño Tintafemia Tamén Cela (Bueu) está de festa, a adicada ao viño tintafemia, que se desenvolverá desde as 12.30 horas, cando o ex presidente do Celta Horacio Gómez pronuncie o pregón de apertura na carpa instalada no atrio da igrexa de Santa María. Á súa intervención seguiralle hoxe un concerto da Banda de Música Artística de Bueu e, pola tarde, ás 18 horas, unha charla a cargo dun enólogo e dous persoas maiores da localidade, que explicarán como se facía o viño antigamente. A xornada pecharase coa actuación do grupo de gaitas Airiños de San Xulián, ás 22 horas. O domingo, ás 13.30 horas celebrarase unha homenaxe aos trece cosecheiros participantes nesta novena edición do evento. Na festa servirase viño tintafemia en botellas (6,50 euros a unidade) e tamén haberá racións de churrasco (5 euros), criollos (2 euros) y navallas (11,5). Por último, mañá na Lama terá lugar a séptima edición da Festa do Codillo na Alameda, cuio pregón lerán mozos do concello. A degustación comezará ás 14.15 horas e, ademáis de codillo, servirase churrasco, polbo, queixo de tetilla e filloas durante a xornada. A cita inclúe tamén as actuacións musicais da Unión Cultural de Campo Lameiro (13 horas) e o grupo de gaitas Os Amigos (14 horas).